Los escritores y sus libros en los medios de comunicación


miércoles, 14 de abril de 2010

100 cosas que hacer en Galicia al menos una vez en la vida, en la prensa gallega (1)

PRENSA

La Voz de Galicia: Concha Pino
7/4/2010
Entrevista Pemón Bouzas escritor, autor de «
100 cosas que hacer en Galicia»

“O libro explica un pouco aos non galegos como somos”

Ofrece opcións para coñecer lugares de interese de toda Galicia en diferentes épocas e partindo de Santiago

O labor profesional na TVG aínda lle deixa tempo a Pemón Bouzas (Palmeira, Ribeira, 1957) para escribir. Entre os libros publicados ten dúas novelas, pero a obra de maior éxito editorial, con nada menos que doce edicións, é a que escribiu con Xosé A. Domelo, Mitos, ritos y
leyendas de Galicia, publicada por Martínez Roca, a mesma editorial que acaba de sacar a súa nova obra, 100 cosas que hacer en Galicia, co engadido de Al menos una vez en la vida.
-¿Só hai cen cousas interesantes en Galicia?
-Non, evidentemente non. O complicado foi precisamente facer a selección. O libro estaba pensado para que non tivera peso, fácil de levar nun avión, na mochila ou nun bolso de man, para miralo cando alguén se despraza a Galicia. Santiago é o obxectivo inicial, para dende aquí ir cara a outros puntos da xeografía de Galicia, á costa ou ao interior.
-¿E para vir en calquera época do ano, non?
-Si. Apoieme en que o momento grande de moitos lugares de Galicia non coincide coas épocas de afluencia turística, como é o caso, por exemplo, da Festa dos Fachóns de Castros Caldelas, que é o 17 de xaneiro, unha festa de carácter local á que vai moita xente das comarcas próximas, pero que é un referente que está medrando, como lle pasou ao cocido de Lalín ou a outros referentes do noso calendario coma os magostos ou os Maios. O que pretendía, cando me saíron as 350 primeiras cousas de interese, foi que a maioría entraran no libro pero dentro das distintas rutas, porque as enriquecen, pero non cunha chamada específica.
-¿Definiríao como guía?
-Pensei moito en como definilo, e ao final quedei co que decidiu a editorial: un todo nun. Pretende ser unha oferta de lugares, sitios que ver, que vivir, que forman parte na nosa tradición, da nosa historia e da nosa cultura, que dan pe á falar de xente como Cunqueiro, Castelao, Rosalía, Valle- Inclán, de persoeiros que explican un pouco máis aos que non son galegos como somos e porque temos esta tradición e o noso xeito de vivir e de entender a vida. Para que despois vaian a unha librería e busquen libros concretos que lles axuden a entender en que somos diferentes.
-¿Fixo todas as rutas, ademais de documentarse?
-Non fixen tantos quilómetros como cando Domelo e eu escribimos Mitos, ritos e lendas, pero percorrín todas as rutas que están no libro, en moitos casos para volver a moitos sitios e refrescar cousas visualmente sen ter que estenderme.
-Inicia unha colección
-Si, apostaron forte, pero sobre seguro, pola oportunidade do ano santo e o éxito de Mitos, ritos e lendas, que reeditan agora.


Concha Pino con Pemón Bouzas



El Correo: José Miguel A. Giráldez
Domingo 04.04.2010
Viajes
Cien cosas que hacer en Galicia /entre otras), según Pemón Bouzas

No resultará extraño al lector, ni mucho menos, el nombre de Pemón Bouzas, una de las figuras del mundo de la comunicación televisiva más conocidas de Galicia que, desde hace años, se prodiga también en el terreno de la escritura. Bouzas, autor de novelas que han alcanzado una notable repercusión entre el público, como El informe Manila (MR), acaba de publicar ahora una guía de viajes por Galicia, aunque, en justicia, hemos de señalar de inmediato que no se trata de una guía al uso. Pemón Bouzas, como señala él mismo en su bitácora, recibió el encargo, por parte de Martínez Roca, de realizar la edición exclusivamente gallega del conocido formato Cien cosas que hacer en... al menos una vez en la vida. Este formato, que alcanzó gran éxito en sus diferentes versiones anglosajonas (sobre todo, 100 Things to Do Before you Die), cuenta también con una versión española muy estimulante, escrita por el siempre imprescindible Juan Eslava Galán.
Ahora MR saca a la luz, esta misma semana, el resultado del encargo realizado a Pemón Bouzas, un libro breve pero intenso, como diría algún amigo común, en el que se incluyen con precisión absoluta cien cosas que se deben hacer en Galicia al menos una vez en la vida (o más, siempre que sea posible). Como quiera que el ribeirense Pemón Bouzas conoce Galicia al dedillo (y, todo hay que decirlo, tantos otros escenarios), no hay duda alguna de que la información que recibiremos al consultar esta especie de guía será de primera calidad. Lo es, efectivamente. Los lugares, grandes y pequeños, más representativos, aparecen aquí. Las costumbres, los mitos e incluso la gastronomía. Y esos grandes conceptos que nos definen. El libro será útil para el visitante, y más en un año Xacobeo como éste, pero también para el viajero local, que quiere conocer algunos de nuestros enclaves y no perderse detalle. No está mal, de vez en cuando, darse un paseo profundo por nuestra propia tierra. Y este libro ayudará a ello. Pemón Bouzas ha visto también reeditado Mitos, ritos y leyendas de Galicia, publicado en su día junto a X. Antonio Domelo por MR. El libro alcanza ya doce ediciones.
...................


Faro de Vigo: Amaia Mauleón
7 de abril de 2010

Pemón Bouzas recopila en un libro los cien aspectos imprescindibles de Galicia
El escritor plantea un viaje a través de cultura, historia y gastronomía

“El viajero actual tiene poco tiempo, pero le gusta profundizar”, opina.
Elegir cien aspectos de la historia, gastronomía, leyendas y puntos turísticos de Galicia no fue una tarea sencilla para el escritor y periodista Pemón Bouzas (Palmeira, Riveira, 1957), que se declara un "enamorado" de la región. "
100 cosas que hacer en Galicia al menos una vez en la vida" (Editorial Martínez Roca), que presentó ayer en Santiago, es una guía fundamental en la que el visitante se encuentra no sólo con los grandes monumentos y rutas turísticas esenciales de la Comunidad, sino también con una interesante selección de las leyendas, tradiciones, la historia y las festividades más importantes que ayudan al lector a entender mejor la esencia de Galicia. La celebración del Xacobeo y el incuestionable peso de Santiago obligan a iniciar el recorrido en este punto. "Dedico las diez primeras entradas del libro a Santiago, la catedral y los rituales unidos a ella; creo que, en un año como éste, era imprescindible", comenta el autor que, a partir de ahí, teje un interesante viaje por las cuatro provincias el que penetra en rincones a los que no llegan las guías al uso. Además, vincula a cada espacio las tradiciones, las fiestas y leyendas propias de cada zona como la romería de O Corpiño, la fiesta de la dorna, la del Cocido de Lalín, los ofrecidos en sus ataúdes o los seres fantásticos como serpes y mouras. "Al viajero actual le cuesta desconectar del estrés y suele tener poco tiempo para conocer los sitios; sin embargo, yo creo que sí le gusta profundizar en lo que ve y el libro le permite, aunque sea una vez de vuelta a casa, revivir la experiencia y desear volver pronto", reflexiona Bouzas, que actualmente presenta en TVG2 el programa cultural "Eirado".La gastronomía es otro de los grandes atractivos de Galicia. El libro no sólo recoge los productos estrella de nuestra cocina, sino que también comenta las mejores fiestas gastronómicas e incluye algunas recetas como la de las filloas o la queimada, "para aquellos que en casa quieran intentar revivir los sabores". Bouzas asegura que "la magia de Galicia es inagotable" y que todas las sugerencias que aparecen en el libro se pueden repetir muchas veces y "siempre se descubriría algo nuevo". "Hemos huido del título del estilo ´Mil cosas que hacer antes de morir´, que tanto se lleva en Estados Unidos, y hemos optado por este más positivo", añade.Personalmente, el periodista, elige de estos cien enclaves su Palmeira natal y la Ría de Arousa, "allí es donde viví mi niñez y adolescencia y donde siento realmente el mar y descubrí el placer de navegar y la cultura castrexa", confiesa.Además, coincidiendo con la llegada a las librerías de este quinto libro, ha reeditado el exitoso "Mitos, ritos y leyendas de Galicia", que Bouzas firma junto a Xosé Antonio Domelo, que alcanza así su edición número 12. Ahora, el escritor se centra en un nuevo proyecto en el que regresa al mundo de la ficción, "una novela actual ambientada en un pueblo de la costa gallega" en el que, sin embargo, también la cultura tradicional tendrá un lugar relevante.
...

Pemón Bouzas // Foto:Xoán Álvarez



Galicia Hoxe: Vanesa Oliveira
Domingo 11 de abril de 2010

Dende Compostela até os Faros do Mundo

Cen cousas que facer en Galicia: a espiral á inversa

O xornalista e escritor Pemón Bouzas reúne nun libro “todo en un” una visión global do noso país a través da historia, as lendas, a gastronomía, a tradición, as festas, a cultura e a paisaxe. Unha obra para visitantes virxes pero tamén para aqueloutros que queren redescubrirnos.

Seleccionar 100 cousas que facer en Galicia non é tarefa fácil porque van quedar no tinteiro a maior parte das posibles…” Consciente das limitacións de concentrar nun libro de pouco máis de duascentas páxinas os 30.000 quilómetros cadrados que ten Galicia, ao xornalista Pemón Bouzas non lle tremou o pulso cando a editorial Martínez Roca lle lanzou o reto de ofrecerlle ao visitante unha visión global do noso país a través da súa historia, as lendas, a gastronomía, a tradición, as festas, a cultura, a paisaxe…
Unha guía ao uso? Non. Máis ben un “todo en un” –como o define a editorial- dirixido tanto aos que aínda non coñecen Galicia como aos que , coñcendo xa o país, queren saber máis sobre quen somos, que comemos, que vemos e por que padecemos e desfrutamos.
Como moitos dos viaxeiros que este ano chegan a Galicia o fan a través do Camiño de Santiago, o libro navega dende a capital de Galicia até as fragas do Eume, á vez que vai definindo a nosa identidade a través da morriña , a saudade, a Rianxeira, os maios ou o idioma das cantigas e de Rosalía de Castro.
O resultado é unha unha espiral –á inversa, nada raro, por outra parte se temos en conta que neste país todo vai ao revés– que Pemón Bouzas debuxa ao admirarse nas Rías Baixas, descubrirnos as terras dos Soutomaior e a illa de San Simón e deixarse levar polos canóns do Sil e a Ribeira Sacra até as terras do Merlín de Cunqueiro e os faros da fin do mundo.
Se hai dez anos, as esperanzas estaban postas nas –daquela, coma hoxe, escasas– industrias, o agro ou a pesca, o futuro parece querer situar a galiña dos ovos de ouro de Galicia noutro piar ben diferente: o do turismo. Pemón Bouzas describe esta evolución a partir dos usos do botafumeiro, antes usado para purificar o aire viciado da catedral pero que hoxe se emprega como espectáculo para visitantes. "Se un grupo de peregrinos chega a Compostela pode alugar o voo do botafumeiro para o final da misa á que teñen pensado asistir. Só os cristiáns teñen a prebenda de poder realizar a contratación..."
O xornalista nado en Ribeira. que na actualidade presenta o programa da TVG2, Eirado, sobrancea en 100 cosas que hacer en Galicia al menos una vez en la vida a riqueza da tradición oral coa que acabaron, recoñece, "lamentablemente, a industrialización, a reconversión das labores do campo e a aparición da televisión". Unha traxedia –a perda da nosa mitoloxía– se, como escribiu o romántico Benito Viceto, a orixe de Galicia está nos descendentes de Noé que sobreviviron ao diluvio universal.

Pemón Bouzas: “Defender o galego non significa ir contra ninguén”

Como naceu o proxecto?
A directora da editorial (Martínez Roca) quería sacar un novo libro sobre Galicia dirixido non só aos que nunca viñeron aquí senon tamén aos que queren descubrir algo novo. Quería un libro que non fose caro e para levar na mochila. Empecei a documentarme e reler libros sobre lendas e mitos galegos, a facer todas as rutas que figuran, visitar monumentos, romarías, volver revivir algunhas cousas. Xa me deron datos as librerías galegas, sobre todo, as de Santiago, que venderon moitísimo a Semana Santa.
A obra arrinca en Santiago, non podía ser doutro xeito este ano.
Si, sobre todo, pensando nos de fóra. Maioritariamente a xente, este ano, non vai vir a Mondoñedo ou a Ribeira. Principalmente, o turista chegará a Santiago e despois distribuirá o resto do seu tempo polo resto de Galicia, dependendo dos días. Agora, Santiago está a tiro de pedra de moitos lugares en Galicia: ás Rías Baixas, en corenta minutos, Vigo, o mesmo.
Que atractivos ten Ribeira, que significa, ademais de ser a súa vila natal?
A familia de miña nai é de Palmeira e a de meu pai, de Celanova. Porén, eu nacín en Santiago pero síntome moi preto de Palmeira porque foi onde pasei a miña infancia, todos os veráns da miña vida pasaron por alí e teño moitas vivencias. Pero ademais, todo o Barbanza é unha terra de historia, de tradición e de atractivos turísticos. As praias non están saturadas como outras, a Ría de Arousa é espectacular, por alí navegan as dornas, temos peixe, marisco… E despois temos o Castro de Baroña a un paso, o Dolmen de Axeitos dentro do concello de Ribeira, a Pedra das Cabras. A paisaxe da Curota, cabalos salvaxes, zona de mámoas sen escavar… Pero para pasar por alí hai que pasar por Padrón, visitar a Rosalía e despois Rianxo, Castelao, Boir…
Rosalía de Castro, Castelao, Valle-Inclán…Vencellou os escritores ás súas terras.
Eu creo que para entender esta terra hai que coñecer cales son as nosas tradicións, a nosa historia e a nosa cultura. Para entender Galicia, hai que ler tamén a Rosalía, a Valle-Inclán porque as “Comedias bárbaras” son definitivas sobre a tradición galega, o noso espírito tan pechado porque desconfiabamos de quen viñera posto polos Reis Católicos despois das guerras irmandiñas.
Adica un capítulo á tradición oral.
Si, a tradición oral paréceme que foi fundamental no mantemento da nosa cultura. O galego era sinónimo de pexorativo, aldeán e inculto. Así o quixo facer ver a capa social dominante, a aristocracia que subsistíu os señores feudais galego. Precisamente nese momento, a tradición oral forma parte da conservación do acervo cultural: nas casas falábase galego, comentábanse as lendas e os contos populares. Nos fiadeiros ou na malla, a xente latricaba sobre as súas cousas e iso foi fundamental para chegar a ter esta cultura tan rica e variada.
Os turistas teñen unha imaxe tópica de Galicia?
Xeralmente, cando pensamos noutro pobo, o primeiro que nos chega son os tópicos. Pero afortunadamente, a xente que visita Galicia debe de ter un mínimo de nivel cultural, non é turista de chancleta e praia senón que buscan outras cousas: turismo rural, boa gastronomía, viños, rutas… O dos tópicos pode funcionar mellor noutros países que en Galicia. Aínda que, afortunadamente, hai determinados tópicos que non imos quitar de enriba porque falan de aquí se pode respirar no verán grazas ao noso clima, pódese comer ben aínda que pares onde non tiñas pensado, vas participar dalgunha festa ou tradición. Eses tópicos si que funcionan.
Pero tamén seguen pesando os tópicos negativos.
Hai xente da política actual que fala pexorativamente de Galicia apoiándose en tópicos ou utilizando linguaxes franquistas de cando un se burlaba do veciño.
Como debería aproveitar Galicia o Ano Santo?
Este ano é unha oportunidade. O outro día, a televisión francesa fixo un programa adicado a Galicia no que o comentario era que había que aproveitar este momento para que a xente veña, non só os turistas ou os peregrinos senón tamén a través dos congresos, que os grandes profesionais de todo o mundo con cartos para facer investimentos, coñezan o potencial que ten Galicia. Conxugamos a nosa historia e a nosa tradición con modernidade. Por exemplo, temos moitas granxas de vacas, a maioría informatizadas e temos riqueza enerxética renovable. Hai moita xente que está disposta a facer investimentos en Galicia porque segue a ser un recuncho verde e á vez, onde a calidade de vida é moi boa e onde poder investir. Iso é o que hai que vender.
Presenta na TVG2 o programa “Eirado”. Como va a situación da cultura galega?
Neste momento hai un debate moi grande potenciado por algunhas declaracións que cuestionan a cultura. Son declaracións de grupos minoritarios, que están facendo ruído e poden prexudicar moito a cultura galega, que non é só o idioma, base fundamental da tradición oral, senón que se está cuestionando se é importante ou non manter unha cultura considerada polos que protestan como local. A riqueza dos pobos está na súa cultura e nunca é unha barreira para falar outros idiomas e desenvolverse no mundo. Está demostrado que os nenos das comunidades que temos dous idiomas son os que aprenden con maior facilidade un terceiro e cuarto idioma. Non máis que nunca e nunca en contra de nada e de ninguén hai que defender o galego e a cultura galega. Os escritores galegos venden porque teñen lectores en galego, hai editoriais que se dedican á cultura galega.É fundamental para que o galego non se converta nun personaxe anónimo, desculturalizado, porque perdeu as súas raíces. Defender o galego non quere ir contra ninguén senón que é manternos vivos. No momento que perdamos a nosa idiosincrasia perderemos a capacidade cultural para entender mellor o de fóra.
...
Vanesa Oliveira y Pemón Bouzas




ABC: Ana Martínez
Domingo, 11-04-10

«El libro está concebido como un entrante para conocer esta tierra porque la gente desea venir»

Pemón Bouzas_Autor de “100 cosas que hacer en Galicia al menos una vez en la vida” (Martínez Roca)

Fragmentos de historia y cultura (simbología, música, literatura), gastronomía (pulpo á feira, queimada), rutas turísticas (Camino, Rías Baixas), efemérides típicas (Cocido de Lalín, Festival Celta de Ortigueira), monumentos (Catedral, Torre de Hércules), costumbres y curiosidades únicas (hórreos, fiadeiros, morriña). Es la carta de presentación de un breviario de 223 páginas. Su autor es un profesional de la radio, televisión (presenta el programa cultural de TVG2 Eirado) y de la prensa escrita.
-Parte de Santiago y recorre toda esta geografía para culminar en La Coruña y su entorno.
-Compostela es el objetivo inicial, sí, y de ahí ya pasamos a otros puntos de la costa y del interior. Es muy complicado escoger, y más cuando la idea fue siempre que este trabajo resultase fácil de transportar y, por tanto, ligero; que no pesase demasiado.
-¿Hizo las cien sugerencias?
-(Risas)Todas las rutas que están en el libro sí, a veces para refrescar. La gran mayoría hemos hecho estas cosas muchas veces, sobre todo las gastronómicas. ¿Quién no tomó las filloíñas, la empanada, el pulpo que está en la portada? Todos hemos participado en nuestras romerías, visitado algunos o la mayoría de nuestros monumentos... Sin ir más lejos, la zona vieja de Santiago, la Catedral...
-Ofrece una visión global para quién desconoce estos encantos.
-Sí, está ideado para que quienes los conozcan, quieran conocer más, repasar, vamos; luego también se busca que los gallegos que no se desplazan mucho fuera tengan la oportunidad de descubrir otras zonas de su territorio, y finalmente se procura ofrecer una visión global de Galicia a los que no han tenido oportunidad de estar aquí todavía.
-Así refleja la idea, un gran apoyo en un Año Santo.
-Claro, se pretendía eso. Poder contar a la gente de las Rías Baixas, o a la de mi tierra, Palmeira, que hay un lugar llamado Mondoñedo, que es conocido, lógicamente; y que tiene una Catedral con una fachada impresionante. Animarles a que entren, porque en el interior verán unos frescos medievales en las paredes. Y al que vive allí, contarle por ejemplo que en Celanova, dentro del monasterio, está la capillita de San Miguel, la más pequeña que existe de estilo mozárabe. Y sí, se apostó fuerte por la oportunidad del Año Santo.
-Pero es algo más que una guía de descripción geográfica.
-Efectivamente. Ahí está lo que ofertamos, rutas turísticas, paisajes, algo de historia, alguna incitación para que se lea a Rosalía, Cunqueiro, Valle-Inclán, Pondal, Castelao, Porque esta tierra es todos ellos. Son personas que explican la razón de que seamos así, y por qué tenemos este modo de vivir tan particular.
-Es sencillo de leer el libro.
-Sí, está pensado como un entrante para el que quiera conocer Galicia. Las recomendaciones están sintetizadas. Si alguien tiene ganas de profundizar, pues se le incita a que busque más documentación en internet, librerías... Cada artículo pretendo que sea, aparte de una síntesis de lo fundamental, una provocación para que la gente se preocupe y quiera conocer más.
-Dice que cubre un hueco que la editorial vio claramente.
-Sí, y en las grandes librerías está cuidado y muy bien ubicado. Galicia está de moda, la gente quiere venir, lo desea; y aquí encontrará un conocimiento global de nuestra idiosincrasia.
-¿Repetirá la travesía de «Mitos, ritos y leyendas de Galicia», el éxito editorial que escribió con Xosé A. Domelo, también de Martínez Roca?
-¡Ojalá!
-¿Sus próximos proyectos?
-Estoy escribiendo una novela y acabando de corregir otra. Sacaré mi primera novela «gallega, gallega». La historia transcurre en Galicia, en un pueblecito de mar, es crucial la tradición cultural castrexa... Y no cuento más. (Risas de nuevo) Pero es actual. Y la otra tenía que repasarla.

Ana Martínez y Pemón Bouzas




El Correo Gallego: Xurxo Fernández
Lunes 12.04.2010
La rosa de los vientos

La Galicia urgente de Pemón B

Este famoso periodista, relacionado, en esencia, con la TVG –en la cual sigue ejerciendo de divulgador cultural en su programa Eirado–, nos ha descrito y notariado, con verbo fácil y directo, la Galicia más profunda, el país atávico, el de la tradición lejana en el tiempo y próxima en el sentimiento.
Pemón Bouzas lleva ya varios trabajos dedicados a esa disciplina que es la guía de lo entrañable: Mitos, ritos y leyendas de Galicia (en MR, y conjuntamente con Xosé A. Domelo; un best seller justamente popular), Santiago de Compostela. Y después de abrazar al Santo, ¿qué? (también en MR), o unos cuantos documentales con verdadera magia –Encrucilladas, Un mar de velas, Paixón polo mar...– que nos ofrecen una visión de este reino con un halo de sensibilidad y acierto realmente únicos.
Lo último es 100 cosas que hacer en Galicia al menos una vez en la vida (MR, nuevamente). En él adopta la vieja y útil fórmula del The Best Of, común al mundo del Rock&Roll y a las guías mochileras de curiosidades –léase la del Trotamundos, entre otras varias–. Y habla de leyendas, gentes, lugares, usos, costumbres. Habla de la modélica gastronomía, de la arquitectura prehistórica, de la huella monacal en casi todo, de la tradición oral, del mar que nos rodea y nos vivifica, del mundo peripatético de Compostela, de Fisterra como reflejo especular del Fin del Mundo, de la comunicabilidad de nuestro paisanaje, de la importancia objetiva de nuestros narradores (del mindoniense Cunqueiro a la poderosa raza de los padroneses Rosalía y Cela), de nuestras músicas, de nuestro discurso...
Otra referencia a tener muy en cuenta, para propios y extraños. En fin: imprescindible.


Xurxo Fernández con Pemón Bouzas